domingo, 3 de abril de 2011

O soño non puido ser máis revelador. Eu chegaba ao lugar onde nacín e para entrar tiña que mergullar o coche no río do Con, o único que hai en Vilagarcía. Eu saía do coche sen problema (podo nadar contra corrente, sen ferro no sangue, sen nutrientes, respirando só a miña propia enerxía), pero tiña que acudir a un acto literario e estaba impresentable. Non vai existir nunca un libro da miña autoría ata que deixe de importarme o que os demais pensen de min? Esa é a lectura que meu fillo fai do soño, entre outras (non quero imaxinar a que faría un psicoanalista). O certo é que non durmo porque esta semana a miña filla cumpre os mesmos anos que o mes no que eu nacín. Meu fillo acaba de cumprir os mesmos que eu tiña cando o parín, e el non deixa de parir proxectos escénicos. Os dous séntense seguros enriba dunhas táboas. Eu hai tempo que non subo a ningunha, pero a miña estabilidade, a protección contra os terremotos está neles. As voces que me faltan para escribir están na casa do Grove, así que Rosabel, Estrella e mais Daniel ameazo con presentarme pronto aí.

1 comentario:

  1. Alégrome que de novo voltes a escribir no teu Blog.¡Que haxa continuidade!
    Bicos.

    ResponderEliminar